lunes, 28 de febrero de 2011

Dúas medallas de bronce para a SD Lalín no Circuito Nacional Absoluto de Tudela de Duero


A SD Lalín protagonizou unha grande actuación no Circuito Nacional Absoluto que se disputou o sábado en Tudela de Duero (Valladolid). Nunha maratoniana xornada que se prolongou durante 10 horas ininterrumpidas, debido a altísima participación de xogadores, compre destacar a soberbia actuación de Luis Veloso. O xogador lalinense superou a todos os rivais que se puxeron no seu camiño, plantándose nas semifinais. onde non puido superar o cabeza de serie número 1, Enrique Fernández, que o final proclamaríase campión do torneo logo de supera na final o cántabro Víctor Vejo. Este xogador foi, precisamente, o que privou a Breixo Regueira de alcanzar as semifinais, superándoo en cuartos. Pero Breixo tería a oportunidade de desquitarse na modalidade de Dobres Masculino, onde rematou en terceiro lugar. Ata cuartos de final chegou Cristina González en individual i en Dobles Mixtos. Polo tanto, bronce para Veloso en Individual e bronce para Breixo en dobles masculino. A próxima cita para a SD Lalín será o vindeiro sábado en Zaragoza, onde se disputará o CNB Absoluto de catro estrelas, coa participación de algunhas das mellores raquetas do panorama nacional. Están inscritos 92 xogadores, cun cadro de 55 en individual masculino. A esta cita acudirán Luis Veloso, Breixo Regueira e Cristina González.